top of page

Satisfactoria primeira edición das Xornadas Futsal Base

Os 19 rapaces participantes gozaron dunha semana de adestramentos acompañados polos seus monitores e os xogadores do primeiro plantel do Noia Portus Apostoli.


Fotografía "de familia" do último día

Despois do pasado XII Campus de Verán, dende o Noia Portus Apostoli FS propuxéronse estas I Xornadas Futsal Base como unha actividade máis para difundir e promover o fútbol sala na nosa mocidade.


Seguro que os rapaces anotados non se arrepentirán de tomar a decisión de asistir a esta primeira edición, na que tiveron a oportunidade de seguir desfrutando dun marabilloso deporte como é o fútbol sala rodeados cada mañá por xogadores do primeiro plantel do Noia Portus Apostoli FS.


Por desgraza, estes cinco días de adestramentos chegaron ao seu fin este venres día 6, coa visita de Pablo Salado, Lluc e Álex Naranjo, que remataron entregándolle a cada rapaz o seu merecido diploma e chaveiro pola súa participación.


Moitas grazas a todos os participantes, pais, nais, monitores e colaboradores por facer posible isto!


(Fotografías de cada día dispoñibles no noso Facebook)

bottom of page