Buscar

Seis partidos para a base nesta fin de semana

Dous encontros o venres e catro o domingo para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS.



As nosas categorías inferiores continúan a competición esta xornada con seis partidos en total entre o venres e o domingo, coa categoría benxamín tomándose un descanso esta fin de semana.


O venres será o día dos alevíns e os prebenxamíns, que en Esteiro afrontarán a sétima xornada da Liga Xogade FS Noia en Esteiro ante a SD Esteirana.


E despois dun sábado deserto, o domingo entrarán en acción o resto. O xuvenil de Pablo López será o único que xogue lonxe do Mourís, ás 12:30 en La Salle contra o equipo homónimo. A mesma hora en Noia o infantil de Diego Pérez e Álex Pérez verase as caras co Oroso FS CD "A".


Pola tarde, o prebenxamín de Pizarro xogará ás 18:00 horas contra o AD Codima - Galipizza e o cadete de Julio Moreno recibirá ao AD Codima - Gráficas Esteiro.


Consulta os horarios: