top of page

Táboa de horarios da xornada da base (29/2 a 1/3)

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 27 feb 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 5 mar 2020

Regresa a actividade para as categorías inferiores do club despois do parón polo Entroido.

ree

Despois dunha semana de parón pola festividade do Entroido, os máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS volven a ter encontros que disputar nesta próxima fin de semana, catro para ser exactos e todos lonxe de Noia.


O xuvenil de Pablo López xogará o seu segundo envite da Copa Local Galicia ante o Vista Alegre CF na mañá do domingo. Por parte dos cadetes de Julio Moreno, será turno da 14ª xornada ligueira, na que visitarán ao Jogafan Ordes FS a partir das 10:00 horas do sábado.


Os outros dous partidos estarán protagonizados polo infantil de Álex Pérez e Diego Pérez, que xogarán domingo en Quiroga Palacios ante o Racing San Lorenzo, e polo benxamín de "Juve", que pechará a xornada do sábado ás 19:30 en Santa Isabel ante o Alto do Vento FS.


Consulta os horarios:

ree

Comentarios


bottom of page