Buscar

Toda a base con compromisos esta xornada

Ata sete encontros para os nosos conxuntos das inferiores.


Fin de semana de actuación para toda a base noiesa, comezando este venres, con dous partidos da Liga Xogade FS Noia para o alevín e o prebenxamín, e rematando na tarde do domingo co choque do xuvenil no Agustín Mourís ante o Oroso FS CD "A".


Entremedias, os cadetes visitarán ao Milladoiro SD "A" e o infantil recibirá ao Victoria FC "A", nun enfrontamento previo ao partido do primeiro equipo este sábado. Para saber os horarios do resto de partidos, consulta a táboa: