Buscar

Tres triunfos e tres derrotas na xornada da base

Destaca a primeira vitoria da temporada do conxunto xuvenil de Pablo López.


Fin de semana de resultados dispares nas categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS. Como dispar foi o obtido por prebenxamín e alevín na Liga Xogade FS Noia, con vitoria para os primeiros e derrota para os segundos.


Os de Pizarro repetirían triunfo este domingo no Agustín Mourís, xa en partido de Liga Local Galicia, ante o AD Codima - Galipizza. Unha vitoria que tamén obtivo o xuvenil na mañá en La Salle, e foi unha especial, xa que despois dun complicado inicio de curso, conseguiron os primeiros tres puntos.


Pola contra, nin o infantil de Álex Pérez e Diego Pérez e o cadete de Julio Moreno lograron saír dos seus encontros sumando.


Consulta os resultados: