top of page

Tres vitorias e tres derrotas na xornada da base

As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli repartiron triunfos e caídas nesta pasada fin de semana.


Acción durante un encontro do xuvenil

Entre o venres e o domingo competiron por quinta semana as categorías inferiores do club branco, deixando resultados dispares en cada un dos encontros.


O venres prebenxamín e alevín gañaron e perderon, respectivamente, nos seus partidos co CD María Assumpta da Liga Xogade FS Noia, mentres que o cadete na súa cita da cuarta xornada da Liga Loca Galicia goleou por 0-6 ao Oroso FS CD "B".


O domingo disputábanse dous partidos na matinal no Agustín Mourís, terminando o primeiro con triunfo para o alevín, nun partido dramático ante o Racing San Lorenzo que finalizaou 9-8, e o segundo con derrota por 3-4 para un xuvenil que chegou a ir dominando por 3-1 ao Vista Alegre CF. Tamén pola mañá, aínda que no Municipal de Restollal, xogou o benxamín, que non puido sumar puntos no seu choque contra o Villestro SD.


Consulta aquí todos os resultados da xornada:


bottom of page