top of page

Unha vitoria e un aprazamento na xornada da base

O infantil volveu a gañar despois de dúas xornadas sen facelo e o xuvenil viu o seu encontro aprazado.


Nunha fin de semana de pouca actividade para as categorías inferiores do club branco, o aprazamento do partido do equipo xuvenil terminou por deixar tan só un encontro nos horarios.


Ese choque foi o que disputou o cadro infantil en Boqueixón, que acabou con triunfo para os noieses por 2-7, o que provoca que os dirixidos por Álex Pérez e Diego Pérez retornen á senda dos tres puntos.


bottom of page