top of page

Xornada reducida para a base

Tan só catro partidos se disputarán esta fin de semana de inicio de novembro nas nosas categorías inferiores.


Coincidindo cos festivos do comezo do mes de novembro, a terceira semana de competición para a base do Noia Portus Apostoli queda protagonizada por tan só catro encontros.


O venres será turno en primeiro lugar para o equipo infantil, que se verá as caras co Jogafan Ordes na xornada 3 da Liga Local Galicia (16:00 horas, Municipal Castelao), e a continuación para o xuvenil, que se enfrontará tamén pola terceira data da Liga Local Galicia ao UD A Estrada Futsal (19:00 horas, Municipal Agustín Mourís).


O sábado os de Pablo López repetirán para xogar o partido aprazado da primeira xornada ante o Milladoiro SD (12:30 horas, Municipal Agustín Mourís), despois do partido que os prebenxamíns xogarán contra o Amio SD “B” (11:30 horas, Municipal Agustín Mourís).


Moita sorte e diversión para os nosos equipos!



Comments


bottom of page