Ningún dos conxuntos das inferiores do Noia Portus Apostoli conseguiu levarse o gato á auga na pasada fin de semana.
Unha nova fin de semana de aprendizaxe para a base do Noia Portus Apostoli, aínda que neste caso non estivo acompañada de resultados positivos.
Os prebenxamíns non conseguiron sumar na súa visita ao CD Compañía de María - Alcanide "A". Pola súa parte, o infantil e o cadete loitaron ata o final por non irse de baleiro dos seus enfrontamentos, mais acabaron perdendo por 3-6 ante o CD Compañía de María e 0-4 contra o AD Burgo das Nacións, respectivamente. O xuvenil, que disputou o seu encontro o domingo, non tivo opcións ante o Xuventude Milladoiro, caendo por 6-1.
O conxunto benxamín non puido xogar o seu partido contra o Racing San Lorenzo polo aprazamento ata nova data deste.
Comments