top of page

Álex Naranjo e Antía Mayo chamados pola selección galega

O xogador do primeiro equipo regresa a unha convocatoria co cadro sub-19, mentres que a xogadora estrease esta temporada co combinado infantil feminino.



O Noia Portus Apostoli FS volveu a recibir o chamamento para dous dos seus xogadores por parte da selección galega. É o caso de Álex Naranjo, xogador do primeiro equipo branco, e Antía Mayo, do infantil dirixido por Diego Pérez e Álex Pérez.


No caso do primeiro, a convocatoria trátase dun adestramento a realizar o próximo xoves 9 de xaneiro ás 18:30 horas no propio Municipal Agustín Mourís, polo que Naranjo se sentirá na casa nesa sesión cos seus compañeiros de selección sub-19.


Pola parte de Antía Mayo, que se estrea este curso nunha convocatoria co combinado autonómico despois de ser a capitana da selección de Santiago no campionato de seleccións territoriais, será tamén un adestramento, neste caso da escadra infantil feminina, a desenvolver o próximo martes 7 de xaneiro a partir das 16:45 horas no Pavillón Municipal de Guitiriz.


Sorte a ambos nestas novas experiencias!


bottom of page