top of page

A Nosa Base reincorporarase á actividade pasiño a pasiño

-As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS poñerán en marcha o curso 2020/2021 seguindo todas as medidas sanitarias e ordenanzas dos entes gubernamentais e federativos.

-Por iso, abrimos a partir do luns 14 de setembro o prazo de inscrición para anotarse nos equipos de A Nosa Base! Nesta nota ampliamos os detalles para poder anotarte nas inferiores do Noia Portus Apostoli FS.


Despois de moitas semanas de incertidume pola situación sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19, pero tamén de traballo por parte da directiva, a base do Noia Portus Apostoli FS comeza a ver a luz en canto á súa reincorporación ao parqué para dar comezo á nova temporada.


Os de A Nosa Base poderían reincorporarse á súa actividade o día 1 de outubro, mais trátase dunha data provisional e que pode verse modificada se fóra preciso ou/e así considerado polas autoridades.


Cómpre puntualizar que todos os adestramentos se reiniciarían seguindo unhas medidas de hixiene e acondicionamento, sendo estas as que recomendan as autoridades sanitarias competentes. Ademais, tamén contamos cun protocolo de actuación en caso de risco de contaxio extraído do protocolo da RFGF.


Aberto o prazo de inscrición para a temporada 2020/2021


Nas próximas semanas, froito de reunións coas federacións e entre a directiva do club, seguiremos adiantando novidades e actualizando informacións que afecten ao estado dos equipos da nosa base.


Para comezar, desde o club ábrese a partir deste luns 14 de setembro o prazo de inscrición das categorías inferiores para a temporada 2020/2021. Na nosa páxina web deixaremos a disposición de quen se queira anotar o documento de inscrición para descargar e encher. Ademais, de luns a venres de 19:00 a 21:00 a porta de acceso do Municipal Agustín Mourís pegada á casa da xuventude estará aberta para atender a quen queira inscribirse.


Cada vez estamos máis cerca do que todos desexamos, que dé inicio canto antes, pero da forma máis segura posible, a nova temporada para os máis pequenos dos nosos!

bottom of page