top of page

Aberto o prazo de inscrición para a temporada 21/22 da nosa base!



Desde hoxe luns 16 de agosto, queda aberto o prazo de inscrición para a temporada 2021/2022 da escola deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


A entidade xa prepara un novo curso para as categorías inferiores, que despois dun marcado principalmente pola pandemia da COVID-19, agarda ir recuperando pouco a pouco a situación de normalidade máis próxima ás anteriores. Iso si, mantendo un protocolo sanitario que garantice o benestar e a saúde de adestradores e xogadores.


Para coñecer máis detalles tales como a cota ou os métodos de inscrición, visita o apartado da nosa web “A NOSA ESCOLA 21/22” premendo aquí.

bottom of page