top of page

Os cadetes noieses comezan a súa temporada

Os cadetes son o segundo equipo da base noiesa en poñerse en marcha. Estarán adestrados por Julio Moreno.


Os participantes na primeira sesión de portas abertas dos cadetes

Despois de que este luns os xuvenís se puxeran en marcha, este mércores catro de setembro tocoulle á seguinte categoría comezar a nova temporada 2019-2020. Os cadetes empezaron o curso cunha xornada de portas abertas ás 18:30 horas no Agustín Mourís, na que estiveron ás ordes do novo adestrador do conxunto.


Ese é Julio Moreno, que se reincorpora á base noiesa tras un ano alonxado dela e dúas campañas despois de lograr o título da Primeira Galicia – A Coruña co noso filial. O adestrador amósase “moi contento e ilusionado de volver a traballar na base do Noia Portus Apostoli FS e con moitas ganas de estar cos rapaces na pista de xogo”.


Para este curso Julio prantexa como obxectivos “que os rapaces se sigan formando e desfrutando”, unha formación “tanto a nivel persoal como deportiva, a nivel de valores de equipo e compañeirismo e que se vaian preparando para o salto á seguinte categoría de xuvenil”.

bottom of page