top of page

Resultados da primeira semana de competición da base

As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli comezaron a competición con sorte dispar.


Momento do partido dos nosos benxamíns

Unha vitoria, tres derrotas e un encontro aprazado protagonizaron a primeira fin de semana de competición das categorías inferiores do club branco.


Comezaron a mañá de fútbol sala no Agustín Mourís os prebenxamíns, que cederon no seu encontro ante o Villestro SD "A" por 3-1. Acto seguido sería turno dos xuvenís, mais por distintas razóns o seu partido era aprazado ata nova data.


A continuación, os cadetes sufriron unha dura derrota a mans do SD Milladoiro "A" (0-10), e os benxamíns venceron con claridade ao Jogafan Ordes "B" (10-2). Por último, os infantís, que comezaron a súa Liga xogando a tarde do sábado en Santiago, tampouco puideron puntuar (6-0).


Máis aló dos resultados, seguro que os nosos rapaces e rapazas aprenderon e gozaron co fútbol sala, e isto só acaba de comezar!

bottom of page