top of page

Seis partidos na xornada da base

  • Foto del escritor: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 15 nov 2019
  • 1 Min. de lectura

Quinta semana de competición para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli.


Instantánea do último encontro do infantil

Nova fin de semana de compromisos para a base do club noiés, con partidos encadrados para este venres 15 e o domingo 17 de novembro.


Dous encontros da Liga Xogade FS Noia protagonizan o primeiro día, cos equipos prebenxamín e alevín enfrontándose ao CD María Assumpta no Pavillón do Colexio María Assumpta. Tamén o venres será turno do cadete, que ás 19:00 horas visitará ao Oroso FS CD "B" na xornada catro da Liga Local Galicia.


Os outros tres encontros quedarán para o domingo. Na mañá dominical actuarán o xuvenil e o infantil no Municipal Agustín Mourís, ante o Vista Alegre CF e o Racing San Lorenzo, respectivamente. Como visitante xogará o benxamín no Municipal de Restollal, para verse as caras ás 12:00 horas co Villestro SD.


Consulta aquí os horarios dos encontros:


Bình luận


bottom of page