Desde a directiva da entidade recoñecen o empeño de todas as persoas que están axudando a que este club siga adiante, sobre todo nestes tempos difíciles marcados pola pandemia da COVID-19.
A xunta directiva do Noia Portus Apostoli FS, co presidente Severino Barreiro á súa cabeza, así como o resto de compoñentes que conforman o club, queren amosar os seus agradecementos a patrocinadores, colaboradores e socios polos grandes esforzos depositados para que a nosa entidade siga avanzando a pesar desta desafortunada situación provocada pola COVID-19.
O club sigue traballando arreo en todas as súas áreas para que este crecemento non teña freo. Unha das cuestións que máis nos preocupan é a dos partidos en Noia. Por iso, estamos a poñer todo da nosa man para que os socios que non teñan a oportunidade de vir ao Agustín Mourís poidan gozar igualmente dos nosos encontros como locais. Atopámonos a nivel de socios a un 65% das previsións que tiñamos a principio de temporada, o que demostra de novo a solidariedade e o interés do pobo noiés polo fútbol sala e por esta entidade.
Por último, dar as grazas unha vez máis a toda esa xente que sigue apostando polo Noia Portus Apostoli FS, aos que instamos que o sigan facendo para que este club siga alcanzando obxectivos e dando alegrías ao voso carón.
Commentaires