- Luns e mércores ás 18:45 son os horarios confirmados das primeiras sesións. - Marcio: “Alegría, aprender e disfrutar”; estes serán os valores principais na base noiesa. ![]() Comezou a rodar a pelota para os xuvenís este venres coa súa primeira sesión de adestramento. Antes de comezar coa acción, os xogadores recibiron unha breve presentación. O encargado de abrir as intervencións foi Manolo Seijas. En primeiro lugar, o coordinador da base confirmou os horarios das sesións de pretemporada, “luns e mércores ás 18:45”. O tema principal no que xiraron o seu discurso foi a necesidade de “unha disciplina de equipo e de xogador”, e máis nun momento no que “o Noia Portus Apostoli está crecendo como equipo e como institución”. Para finalizar, Manolo incidiu en que o máis importante é “disfrutar” pero tamén tendo claro que “non deixades de ser a base, e as persoas das que se vai a nutrir o primeiro equipo”. Acto seguido, tomaría a palabra Marcio Simêao. O hispano-brasileiro mostrouse claro e directo, pero tamén comprensivo, na súa primeira toma de contacto cos seus novos futbolistas. O adestrador insistiu na importancia da “disciplina en todos os aspectos” e da “dedicación e ganas de querer e de aprender”. Marcio, acompañado polo seu segundo adestrador, Pablo López, tamén destacou como punto chave o obxectivo que se propón o equipo, que non é outro que “seguir coa formación que tivestedes ata agora, para poder seguir ascendendo nas categorías”. Algo polo que deberán loitar todos os xogadores, aos que Marcio non dubidou en decirlles que “si cumprides todos estes aspectos, a miña idea é que xoguedes todos para seguir completando a formación”. O técnico rematou recalcando o aspecto de “que estamos representando a un club” e que os tres grandes pilares serán “a alegría, aprender e disfrutar”. Despois das palabras de Manolo e Marcio, os xogadores atáronse as botas por primeira vez no curso para realizar un adestramento que se desenvolveu na sua integridade na pista do Pabellón Agustín Mourís.
0 Comments
Leave a Reply. |
AuthorWrite something about yourself. No need to be fancy, just an overview. Archives
February 2019
Categories |